Experiencia coa Toponimia

Empecei as prácticas no Departamento de Normalización Linguistica. Non tiña nin idea do que significaba realmente a toponimia ata que empecei a investigar sobre ela despois de que me incitaran a facelo. Descubrín que cada nome de calquera lugar, ata o máis pequeno, ten unha longa historia detrás que vai pasando de pais a fillos durante anos e moitas delas aínda quedan por revelarse.

A continuación, vou expoñer o que investiguei sobre a toponimia das parroquias de Vigo:

https://vigopedia.com/2013/05/27/toponimia-de-las-parroquias-de-vigo/

http://snl.vigo.org/imaxes/file/toponimia/coia%20libro

http://ilg.usc.es/agon/wp-content/uploads/2014/06/Toponimia-3-Beade.pdf

http://snl.vigo.org/imaxes/file/toponimia/lavadores%20libro

ALCABRE

Parroquia mariñeira que limita con Navia, Bouzas e Coia.

A zona máis elevada da dita parroquia daría lugar a este nome e o seu significado sería o dunha elevación con corzos, que deberon verse aquí en épocas máis afastadas.

BEADE

Esta parroquia, famosa polas súas cereixas, é eminentemente rural.

A palabra é unha forma resumida do termo latino “Fundum beati”, é dicir, a terra propiedade dun tal Beato.

BEMBRIVE

Bembrive está situado entre as parroquias de Cabral, Beade e Zamáns e á beira tamén do concello de Mos.

Deriva do latín “bene” “vivere”, que significa “bo vivir”.

BOUZAS

O significado máis aceptado é o de terreo a monte, pobre, cheo de matos e toxos.

CANDEÁN

Limita co concello de Redondela e coas parroquias de Teis, Lavadores e Cabral. Sobre ela elévase o monte do Vixiador.

O nome deste lugar púxose porque nesta zona habería abundancia de pedra, sobre todo de cor branca.

CABRAL

O nome de Cabral é dos que se consideran como zoónimos, xa que están relacionados, na súa orixe toponímica, con animais.

Trátase dun lugar onde había unha gran abundancia de cabras en tempos remotos.

Derivaría do latín “caprale”.

CASTRELOS

Cando os romanos chegaron ás nosas terras, pasaron a chamarlles “castrum” ás poboacións castrexas indíxenas polo aspecto fortificado que tiñan. E así a palabra castelo derivou despois desta forma latina.

O nome de Castrelos sería unha forma diminutiva plural dunha fortificación nunha elevación de pouca altura.

COIA

É dos máis antigos, do mesmo xeito que San Tomé de Freixeiro, Castrelos ou Coruxo. Limita con Bouzas e Vigo Centro.

Lugar onde abundaban as rochas grandes e redondeadas.

COMESAÑA

Orixe prelatina. Provén da raíz “cam-” “com-”.

LAVADORES

Foi concello independente durante 104 anos. Creouse en 1836 dentro dun proxecto que pretendía a racionalización e centralización político-administrativa dos concellos da provincia de Pontevedra. A súa creación supuxo a desaparición do antigo concello do Fragoso, dividíndose as súas parroquias entre os concellos de Vigo, Bouzas e o recentemente creado Lavadores. En 1941 foi anexionado ao concello de Vigo.

A orixe deste nome é similar ao de Navia. É posible incluso que se chamou inicialmente “Navadores”, debido á alternancia de “ nav” e “lav”, asociada esta última co verbo lavar.

Lavadores de Vigo é o único representante en terras galegas, pero, como se adiantou, non está illado se atendemos aos datos portugueses.

NAVIA

A parroquia de Navia limita coas de Coia, Alcabre, Comesaña e Coruxo e recibe o seu nome grazas ao río Lagares que durante unha época afastada chamouse río Navia.A base prerromana da palabra é “nav” e dá lugar a unha infinidade de topónimos que empezan por ela e que significa río e mesmo é o nome da deusa Navia, que protexe as augas dos ríos.

OIA

Parroquia viguesa, das de menor tamaño da cidade, que limita con Saiáns e Coruxo.

O filólogo Jose Mª Piñol Aguade, deduce por toponimia comparada que pertencería a un mesmo grupo de nomes nos que inclúe Noia, Ulla e Oia, similares ao do Oia de Vigo. Todos eles son hidrónimos que teñen que ver con zonas próximas á auga.

SAŔDOMA

Sárdoma sitúase no val polo que discorre o río Lagares, no centro do Val de Fragoso. Limita con Lavadores Beade e Vigo centro. Houbo unha época na que o principal río vigués chamábase río Sárdoma. Significaría un lugar con auga moi abundante .

TEIS

É un dos múltiples hidrónimos que conforman a xeografía viguesa e galega. Viría significar “rego de auga”.

VALADARES

O nome deriva do latín “vallateres” que signifícase que ten forma de valo.

ZAMÁNS

A súa orixe procedería dunha variación da palabra hidronímica celta “sar” o “sal”, que sería “sam” e do sufixo xermánico “anis”. Refírese a terras enchoupadas.

CORUXO

Corresponde á raíz oronímica preindoeuropea “cor”, que significa monte, roca. Ademais a voz “curuxa” o “coruxa” significa “lechuza” en galego. Tamén é frecuente oilo como “Cruxo”, ao igual que A Coruña dícese A Cruña.

SAIÁNS

Tanto o topónimo de Vigo coma o de Moraña deben ter orixe nunha forma rematada en latín en -ANIS ou -ANES, con N simple. É verosímil que procedan do nome persoal masculino “Sánila”, de orixe xermánica, mediante a forma do xenitivo SANILANIS, de onde resultaría o medieval Saiaes e o Saiáns actual.

Aarón Lorenzo Pedrero

“Lavadores nasceu no Caside”

Di a tradición que Lavadores naceu no barrio do ➞Caride. O Caride sempre foi unha área moi periférica de Lavadores, engruñada entre as parroquias históricas de Teis e Santiago de Vigo, pero aí din que naceu. Esta vox populi podería non pasar dunha curiosa hastiogonía se non for porque hai veraces noticias antigas que refiren que a igrexa parroquial de Lavadores foi trasladada á súa actual localización séculos atrás desde outro lugar máis afastado, onde estaba asentada á beira dunha fonte chamada de Lavadores, da que seica tomou o nome. Despois, a sé parroquial levouse ao seu actual lugar na Bagunda xunto co seu nome, tomado da fonte mencionada. E, para máis abondamento, ata principios do século xx coñecíase como Lavadores gran parte do barrio do Caride, xusto onde a tradición popular sitúa a orixe da parroquia, o cal non é unha simple coincidencia. Seguir lendo

A Marinasia: a nosa historia no topónimo

Unhas das cousas das que sempre se fala cando se toca o tema da toponimia é a importancia que os topónimos teñen como posuidores da historia do seu pobo. Este topónimo que presentamos hoxe aquí é claro informador do que ocorreu na historia de Vigo. É a memoria do pobo.

Pero non menos importante é ver, neste mesmo topónimo como a fala ao longo dos anos vai mudando os termos, neste caso un nome propio. Hoxe vemos o caso do topónimo Marinasia.

Localización do camiño de Marinasia Google maps

Localización do Camiño de Marinasia
Google maps

Seguir lendo

O Resío

É un barrio (aldea) que se corresponde máis ou menos coa actualmente chamada rúa do Resío (na placa rúa do Rocío). Recentemente independizouse eclesiasticamente de Coia e aos curas non se lles ocorreu outra cousa que chamarlle oficialmente parroquia de Nuestra Señora del Rocío, como se o secular nome do Resío fose unha mala pronuncia dese nome de Virxe.

Desde hai xa máis de cen anos o nome deste barrio aparece sempre escrito como Rocío, sen dúbida por unha mala interpretación que fixo pensar que Resío é unha bárbara deformación popular de Rocío. Non hai nada diso, os paisanos din ben. Aínda hoxe case todos os nativos foron refractarios ao oficial Rocío e seguen a pronunciar O Resío.

Seguir lendo