Unha reflexión sobre “

  1. Moi interesante todo o blog. Grazas polo traballo e parabéns. No tocante a Teis sería interesante coñecer algo máis sobre A Guía. Recordo estudar na adolescencia a aberración que se fixo co topónimo O niño da Aguia en Ourense, e sempre tiven a dúbida de se algo parecido pudo pasar no monte de Teis. Así mesmo, tamén sería interesante coñecer ata onde se remonta o topónimo A Punta, coa que todos denominamos a praia de Teis por excelencia. Ou por que se chama A Lagoa á zona onde está agora o aberrante porto deportivo de A Guía. ¿Houbo realmente unha lagoa aí? Tamén moi curioso é o caso de Bichita, un nome moi raro. Así como outros como Baixada a Ríos son pura lóxica, atopámonos en Teis cousas como A Riouxa, todo un vocablo digno de coñecer máis en profundidade.

Os comentarios están pechados.