Cal é a orixe do nome de Vigo? e de Quiringosta?

Na nosa canle de toponimia de youtube están colgados vídeos sobre algúns topónimos da nosa cidade.

Son pequenos vídeos de arredor dun minuto de duración. Neles achegamos unhas pinceladas sobre a orixe ou significado do topónimo. Algúns dos topónimos son o propio nome da parroquia, mais temos tamén topónimos como Samil, A Quiringosta, O Facho, O Castro, Castrelos, Recaré, A Ameixeira, A Madroa, Eifonso… e por suposto Vigo.

http://youtu.be/vV35Rh_9_5M

Unha reflexión sobre “Cal é a orixe do nome de Vigo? e de Quiringosta?

  1. Noraboa polo blog, moi intersante.
    O nome de Vigo: Vicus é latinización dun antergo Bicus. Bicus é o nome co que aparece a vila orixinalmente, xa no primeiro documento no que o fai e outros (dos primeiros) anteriores á suposta latinización. Segundo Joaquín CARIDAD ARIAS este nome de Bico refírese ao xabaril ou bicho: nome co que se chama nalgures ao porco bravo. Hai, perto, un monte e cabo de Bicos nas Cies, e máis exemplos. O mesmo J.C.A. explica como certos lugares que reciben o nome de Vigo vencellado ao de Vicus “aldea” respostan á latinización dun devanceiro Bicus: Bicho: Xabaril. O de Vigo: Vicus, sendo o nome orixinal da cidade: BICUS, non cadra moito. Un saúdo

Os comentarios están pechados.