O rego de Pontecela

O rego de Pontecela é o curso de auga que nace nos montes do Pouso e atravesa a parroquia de Bembrive de leste a  oeste no seu terzo norte para ir desembocar, logo de unirse á regueira do Abade e recoller as augas dos Freires, no río dos Pelames, que poucos metros augas abaixo tomará o nome máis coñecido de Eifonso (un dos principais afluentes do río Lagares).

Este curso de auga, de pouco máis de dous quilómetros de lonxitude, vai tomando ao longo do seu percorrido, como é habitual, diferentes nomes. Pero… animádesvos a adiviñar cantos?

Agardamos as vosas respostas!

9 reflexións sobre “O rego de Pontecela

  1. Hola Martabembrive, veras, llevo años preguntandome cual será el origen del nombre de la rua xeme, en Bembrive. Paso mucho por ella y siempre me resultó curioso ese nombre. ¿ vendrá de xerme, xerminar ?. Bueno, si lo sabes y lo explicas te estaria muy agradecido. Gracias por tu labor.

    • Grazas a ti por participar do blogue.
      Ata este momento estivémonos adicando principalmente ao traballo de recollida directa da toponimia e á consulta dos documentos antigos. Agora é cando estamos a comezar coa análise dos topónimos e a verdade é que aínda non investiguei o caso de Xeme.
      Tentarei darche unha resposta o máis pronto posible.

      • Desculpa Bea; botando unha ollada ao blog decateime de que non respostara á túa pregunta…ti preguntabas polo Eifonso, e eu, que tiña en mente o rego de Pontecela, sobre o que falaba no artigo, respondinche sobre el.

        Imos entón agora cos nomes do río Eifonso:

        O primeiro nome que toma o Eifonso en Bembrive é o de río do San Cibrán.

        Augas abaixo será o río da Bouzafría, da Pedrosa, de Mourelle, dos Pelames, río Eifonso (cando percorre o barrio de Eifonso), río de Xeme, de Abalde, da Cova, e, finalmente, río de Moledo, cando entra neste barrio pertencente xa á veciña parroquia de Sárdoma, onde desembocará no río Sárdoma ou Lagares.

        Así e todo, é habitual, principalmente nos primeiros tramos do seu curso, que sexa nomeado simplemente como “o Río”.

        • hola. estoume iniciando no blog. Referente o rio Eifonso, hai un topónimo medieval que perviviu ata ao 1700 aprox. que era o ‘rio alsapernas’, principalmente o seu paso pola zona da fervenza e dos muiños que alí habia e segue habendo. Estes muiños no libro de becerro de 1528 no archivo de Tuy rezan como muiño de alsapernas no rio do mesmo nome. E nun documento aló polo 1700 (teño unha copia pero non sei donde) sae como rio alsapernas.
          Hoxe en dia este topónimo está perdido e coñécese o rio en toda a súa extension como eifonso, unha pena que se foran perdendo os nomes de tramos en contraste coa riqueza do rego de pontecela.
          Por certo, xa q falamos de Eifonso, non sei se o chegamos a comentar Marta, no memo libro de becerro sae casal de ‘porto Yfonso’, eu entendo ese ‘porto` como paso de auga (usando a bibliografia de elisa ferreira priegue-biblioteca penzol). Pode ser que onde hoxe está o lavadoiro e a ponte de eifonso cara beade estivera ese ‘porto’.

          • De acordo con Navaza, Frutos e outros autores e autoras, os portos topoímicos en Galicia designan a existencia dun porto ou embarcadoiro marítimo ou ben o lugar por onde un camiño supera un obstáculo da orografía, é dicir, un paso entre montañas, ou un río. Tal e como apuntas, esta última sería a acepción acaída para o caso dun “porto Yfonso” que, como ben dis, a lóxica levaría a situar no lugar no que o camiño que se dirixe dende Bembrive á Gandra ou Gándara de Beade cruza o río aquí chamado Eifonso por discorrer neste punto polo barrio que leva ese mesmo nome, derivado dun posesor. Porén, na actualidade este topónimo xa non está vivo na parroquia, como tampouco o está uso do xenérico “porto” para nomear a realidade que nos ocupa.
            Certo é tamén que “Alsapernas” desapareceu do repertorio de topónimos correspondentes ao curso fluvial que en conxunto coñecemos como Eifonso. Pero polo momento, e de nós depende que siga a ser así, conserva aínda, como diciamos no comentario anterior, nove topónimos diferentes na parroquia de Bembrive e dous na de Sárdoma onde ademais do nome de río de Moledo toma o de río do Pontillón na zona da súa desembocadura.
            Benvido ao blog e agardamos que sigas participando nel.

  2. Pingback: O Rego de Pontecela | Toponimia de Vigo

  3. Pingback: O topónimo Xeme | Toponimia de Vigo

Os comentarios están pechados.