“Lavadores nasceu no Caside”

Di a tradición que Lavadores naceu no barrio do ➞Caride. O Caride sempre foi unha área moi periférica de Lavadores, engruñada entre as parroquias históricas de Teis e Santiago de Vigo, pero aí din que naceu. Esta vox populi podería non pasar dunha curiosa hastiogonía se non for porque hai veraces noticias antigas que refiren que a igrexa parroquial de Lavadores foi trasladada á súa actual localización séculos atrás desde outro lugar máis afastado, onde estaba asentada á beira dunha fonte chamada de Lavadores, da que seica tomou o nome. Despois, a sé parroquial levouse ao seu actual lugar na Bagunda xunto co seu nome, tomado da fonte mencionada. E, para máis abondamento, ata principios do século xx coñecíase como Lavadores gran parte do barrio do Caride, xusto onde a tradición popular sitúa a orixe da parroquia, o cal non é unha simple coincidencia.

Estes tres factores fundamentais conforman unha base especulativa digna de se ter en conta. Desde logo está documentalmente probado que, á parte do nome parroquial, existiu no Caride ata o século xx un lugar concreto chamado Lavadores (ao que as fontes escritas se referían sempre ou case sempre como lugar de Lavadores). E ese lugar non estaba na Bagunda, onde hoxe se sitúa a igrexa parroquial, senón no Caride.

A primeira noticia que temos de todo iso dánola o historiador tudense Ávila y La Cueva no século xIx, que non indica, así e todo, cal é o lugar desde onde se trasladou a sé parroquial de Lavadores, pero que fala, iso si, da fonte da que tomou o nome:

[Esta parroquia] llámase Labadores por razón de un lugar que tiene así nombrado, y en el que se conserva una fuente también con título de Labadores.
[…] Según la tradición de la parroquia, se transladó aquí la iglesia parroquial
del lugar de Labadores, donde estuvo en lo primitivo.
Esa tradición debeu ser cousa moi coñecida e importante para que Ávila y La Cueva deixase constancia dela e aínda hoxe se manteña viva. Ese lugar onde a parroquia estivo en lo primitivo é a parte meridional do Caride, ou sexa, as terras situadas entre San xoán do Monte e O Calvario, como indican con pasmosa precisión os documentos posteriores e anteriores a Ávila y La Cueva.

Ao longo de todo o século xVIII, todo o xIx e os primeiros anos do xx, aparece na documentación constantemente un núcleo poboado en Lavadores chamado precisamente Lavadores (moitas veces escrito Labadores) pero situado nunha área moi periférica da parroquia. Segundo a información de Ávila y La Cueva, a tradición popular actual e a documentación da época, houbo unha zona habitada chamada Lavadores entre os actuais San xoán do Monte e O Calvario (ou sexa, a parte sur do Caride e o norte de Riomau), cunha fonte tamén chamada Lavadores. Pero hai que ter moi en conta que ese Lavadores era un núcleo poboado, non un núcleo de poboación, ou sexa, non era un barrio=aldea, pois as casas dese Lavadores repartíanse entre os inmediatos barrios do Caride e Riomau; era máis ben un corónimo ou nome de zona máis ou menos ampla pero, desde logo, poboada (unha situación semellante á Vesadaseca de Coia).

As indicacións precisísimas das terras abranguidas por ese corónimo Lavadores non deixan lugar á dúbida da súa situación, que coincide cento por cen coa que lle dá a actual tradición popular.
Dividamos, logo, o material documental en 1) citas do século xVIII e 2) citas do século xIx e primeiros anos do xx, para observar de primeira man como a localización da antiga zona poboada concreta chamada Lavadores coincide coa tradición actual de situar a nacenza desta parroquia entre O Caride e O Calvario, o que de paso vén confirmar as palabras de Ávila y La Cueva:
1) Lavadores, cos sitios de Meyxueira (➞A Ameixeira), Pereiras,
La Orxa (➞A Orxa), Ameales (➞O Amïal), ➞Corredoura,
Zepide (➞Cipide) e ➞Casal.                                                                                   Lavadores, cos sitios de Mourigade (➞O Mouregade), ➞Caride,
La Tomada, La ➞Portela, Lagos de Pedomonte (➞Pé do
Monte), Coutadiña, Coveliño (➞O Covelo) e San Juan do
Monte.
Lavadores, cos sitios de Veiga da Porta, ➞Pozas, Orxa, Cantiño,
Orxa de Covelos (➞O Covelo), Pradeira, Casal e Outeiro.
Lavadores, cos sitios de Río Mao (➞Riomau), La ➞Candea, La
➞Senra, ➞Pombal, Zenteáns (➞Centeáns), La Orxa, La Fuente
e ➞Guidixe.
Lavadores, cos sitios de La Candea, Río Mao e Mourigade.
Lavadores, cos sitios de La Tomada, Zenteáns e Riomao.
Lavadores, cos sitios de El Outeiro, Gondarán de Avajo,
Detrás da Fraga (➞Pé da Fraga) e El Troncal.
Lavadores, cos sitios de La Tafona, Eyravella e Fontiña.
Etc.

2) Lavadores, co sitio de Campo da ➞Orxa.
Lavadores, co labradío y dehesa nombrado Cocho <entre San
Lourenzo e a Travesía de Vigo>.
Lavadores, co sitio de Pinar Longo (➞Pinalonco), Cabada
Vieja ou Fraga (➞A Fraga).
Lavadores, cos sitios de Mourigade, Riomao, San Payo, Cocho
ou Riomao e Calvario de Riomao (➞O Calvario).
Etc.
Non hai lugar á dúbida: visto todo isto, o primitivo lugar concreto de Lavadores estivo nas terras circunscritas ao sur polo Calvario, ao norte por San xoán do Monte, ao leste pola rúa Cantabria e ao oeste pola Travesía de Vigo.

E atendendo a isto xa non choca que a fonte que hai na rúa Redomeira se coñeza hoxe en día como fonte de Lavadores, non por estar na parroquia de Lavadores (onde hai outras moitas e máis importantes) senón por se situar no antigo lugar concreto de Lavadores. Todos os datos, actuais e antigos, veñen confluír nun topónimo Lavadores situado na zona arriba delimitada, e a actual fonte de Lavadores fica como último e único testemuño vivo de todo isto: é a famosa fonte á beira da cal estivo o antigo Lavadores en lo primitivo. Conviría unha intervención arqueolóxica nese lugar.

Pódese afirmar, como di o dito popular actual, que Lavadores naseu no Caride; e se non naseu alí, polo menos concretouse alí o seu topónimo, que, permanecendo como corónimo, trascendeu a vaguidade xeográfica dun nome parroquial sen chegar a concretarse nun nome de núcleo poboado, de barrio ou aldea. E como moitos outros corónimos, coa súa vaguidade inherente, acabou por sucumbir e desaparecer sen deixar máis pegadas que as documentais e mais o nome da actual fonte de Lavadores.

 

Texto recollido do libro Toponimia do Val de Fragoso. Lavadores. Páxinas da 6 á 10