Os nomes de lugar

A toponimia será o recurso único para recoñecer a relación que o idioma de hoxe garda co dos nosos antepasados máis remotos
Ramón Menéndez Pidal,

Dicimos que a toponimia é o libro da historia da nosa historia; así un topónimo, un nome de lugar, é un capítulo ou unha parte dun capítulo deste libro, da nosa historia.

Galiza é un país profundamente humanizado. Esta inmensa ocupación do territorio é un dos factores que levan a que presente unha enorme riqueza patronímica (una media de 40 topónimos por Km2)
Riqueza non só en canto a número senón tamén á súa variedade, tanto pola súa orixe como por causa do hábitat e configuración do terreo (dispersión e orografía irregular e variada)

Pero esta toponimia está en perigo de desaparición por mor da profunda transformación dos modos de ocupación do territorio, modas de denominar rúas, prazas, infraestruturas con nomes alleos, antropónimos, nomes de cidades… por mor de xuízos de valor da nosa lingua…
Cómpre actuar para frear esa perda, recuperar – na medida do posible o perdido- e pór todo este legado en valor. E cómpre facelo axiña porque os anos van pasando levándose a muchos dos nosos “libros viventes”, porque a transformación do territorio continúa…
Dende o SNL traballamos arreo coa sociedade viguesa na recuperación dos nosos nomes de lugar. Este compromiso cos nomes de lugar, non é máis (pero tampouco menos) ca un compromiso coa nosa historia, identidade e lingua propia, pois a toponimia preséntasenos como medio -e tamén fin- para normalizar o idioma propio de Galiza.