o proxecto

A actuación que se vén desenvolvendo no eido da toponimia busca a recuperación e posta en valor deste patrimonio cultural herdado dende ben de anos. Patrimonio de todas e todos nós que está ameazado e corre o risco de desaparecer se non actuamos, cidadanía e administración, conxuntamente.

Para que o labor de divulgación da historia e do patrimonio de Vigo cheguen, tamén, ao resto da cidadanía, o Servizo de Normalización Lingüística elaborou un programa, xa no ano 2010, MEU, coñecéndonos, descubríndonos cunha serie de actividades para a poboación xeral. Por unha banda, unha serie de micro-programas de divulgación da toponimia local (nomes de parroquias, camiños…) que foron emitidos na televisión local, charlas e visitas aos montes comunais para que as comunidades de montes e os veciños e veciñas coñezan e valoren o patrimonio lingüístico que atesouran os nosos montes.

Así mesmo continuamos co labor de recollida e divulgación da microtoponimia das parroquias de Vigo, comezouse pola toponimia de Coia e Lavadores e neste momento estase a recoller a toponimia doutras parroquias.

 

 

Unha reflexión sobre “o proxecto

  1. Quero felicitar ás persoas que teñen levado adiante este proxecto. A través do estudo da toponimia podemos pesquisar sobre a cultura do pasado, onde temos os alicerces do presente. Estou agardando que se publiquen máis libros como os de Coia, Saiáns e Lavadores

Os comentarios están pechados.