O alumnado do CEIP Coutada-Beade pescuda sobre a toponimia do lugar

Hai uns días recibimos un correo do CEIP de Coutada Beade. Contaban que o ano pasado (2011) os nenos e nenas do colexio realizaran un traballo sobre toponimia. Neste traballo colaboraron, non só o alumnado do centro, senón tamén as familias e a veciñanza da parroquia.

Hoxe queremos achegarvos esta preciosa iniciativa. Que serve para recuperar a toponimia do lugar e máis tamén para que estes nenos e nenas e as súas familias tomen conciencia da súa importancia, dos significados que nos achegan e da historia que ocultan, a nosa historia.

 BEADE

Chámase así porque se di que era terra de beatos.

  • Beade e Beadenses. (Sandra C. 2ºB)

-A primeira referencia escrita da parroquia data de 1160, rexistrando a documentación da igrexa de Beade no control administrativo das terras de Beade. Sigue lendo

Poulo

A medida que nos enchoupamos con centos e centos de microtopónimos, constatamos que, sobre todo naquelas parroquias viguesas que aínda manteñen certo carácter rural, as persoas de máis idade seguen a usar o galego cun vocabulario de seu, que debemos coidar e incorporar á nosa bagaxe lingüísticapara que non esmoreza e se perda na noite dos tempos.

Con anterioridade, dedicámoslle un post á palabra chamadouro, e agora este céntrase no termo poulo, moi presente na microtoponimia das parroquias viguesas estudadas ata o momento: Beade, Bembrive, Coia, Comesaña, Coruxo e Zamáns, aínda que un chisco controvertida e variada en canto ao significado. Sigue lendo