As casas da Fonte Escura

Cando pescudaba sobre a toponimia de distintos lugares, antes de comezar este traballo, preguntaba polas voces que nomean o medio físico: os nomes das regueiras e dos altos, dos outeiros e das costas, das chans e dos arroios… Será porque a cabra sempre tira ao monte. Tamén preguntaba pola paisaxe cultural, actual ou prehistórica, aínda que en maior ou menor medida toda a terra foi modificada pola intervención humana nun proceso milenario de xeracións e xeracións. Sen embargo, endexamais se me pasara pola cabeza inquirir polos nomes das casas. É curioso, pero dentro do meu universo toponímico as casas non tiñan nome. Sigue lendo