“Lavadores nasceu no Caside”

Di a tradición que Lavadores naceu no barrio do ➞Caride. O Caride sempre foi unha área moi periférica de Lavadores, engruñada entre as parroquias históricas de Teis e Santiago de Vigo, pero aí din que naceu. Esta vox populi podería non pasar dunha curiosa hastiogonía se non for porque hai veraces noticias antigas que refiren que a igrexa parroquial de Lavadores foi trasladada á súa actual localización séculos atrás desde outro lugar máis afastado, onde estaba asentada á beira dunha fonte chamada de Lavadores, da que seica tomou o nome. Despois, a sé parroquial levouse ao seu actual lugar na Bagunda xunto co seu nome, tomado da fonte mencionada. E, para máis abondamento, ata principios do século xx coñecíase como Lavadores gran parte do barrio do Caride, xusto onde a tradición popular sitúa a orixe da parroquia, o cal non é unha simple coincidencia. Seguir lendo