O crime de Matamá

A nosa recollida de toponimia, como moitos saberedes, non se atinxe só aos nomes de lugar senón que tamén recollemos a rica tradición oral que os nosos paisanos gardan debaixo da boina, e as mulleres debaixo de chamativas pañoletas. Sabedor de quen na parroquia de Comesaña destacaba por saber cantares ou coplas de cornetadas, seráns… alá me dirixín na súa busca. Carmen Costas Comesaña, coñecida por todos como A Piñeira, cantoume un cantar do que xa pouca xente se lembra, e menos con todas as coplas. Resulta que o aprendeu nunha daquelas mañás que acompañaba a súa nai vender piñas, feixes de leña… á feira de Bouzas onde as cantaba un vello cego. Sen nada que facer, decidiu aproximarse ao vello e prestarlle atención ás súas verbas, unhas coplas que nunca máis esquecería (quizais polo espanto que lle puideron causar a aquela idade tan nova). Escribireino tal e como me foi cantado, con mestura de castelán e galego, e por suposto, coa gheada e seseo propios do lugar. Sigue lendo