As casas da Fonte Escura

Cando pescudaba sobre a toponimia de distintos lugares, antes de comezar este traballo, preguntaba polas voces que nomean o medio físico: os nomes das regueiras e dos altos, dos outeiros e das costas, das chans e dos arroios… Será porque a cabra sempre tira ao monte. Tamén preguntaba pola paisaxe cultural, actual ou prehistórica, aínda que en maior ou menor medida toda a terra foi modificada pola intervención humana nun proceso milenario de xeracións e xeracións. Sen embargo, endexamais se me pasara pola cabeza inquirir polos nomes das casas. É curioso, pero dentro do meu universo toponímico as casas non tiñan nome. Seguir lendo

Os nomes das casas

Ao igual que en moitas outras parroquias, a división da parroquia de Comesaña, non só queda reflexada nos barrios ou lugares senón que dentro de cada un destes, existen unha serie de casas, denominadas polos nativos da parroquia casas matrices, das cales naceu toda unha familia. Unha familia que aumentou ao longo do tempo e que foi construíndo casas novas ao longo da parroquia.

Con todo, á única a que se lle dá importancia é a casa matriz denominada noutras parroquias casa paterna ou materna (dependendo do caso). Cada unha desas casas, denominaríase co alcume ou sobrenome da familia; unha toponímia da que en ocasións nos esquecemos. Nalgúns casos, o alcuño provén de tres ou mesmo catro xeracións atrás, perdéndose en ocasións o significado do mal nome imposto.

Atopamos na parroquia de Comesaña, gran número de casas matrices con denominacións un tanto estrañas que se non fose polos técnicos que estamos a traballar en campo, nunca poderíamos adiviñar o significado e motivación dos nosos alcumes. Seguir lendo