A Coia histórica ou tradicional

A Coia histórica ou tradicional

Entendemos por Coia histórica o territorio que cae dentro dos límites da vella parroquia eclesiástica de Coia antes das recentes segregacións parroquiais. Pero o matiz é máis complexo. Os nativos desa Coia histórica (e máis os das parroquias circundantes) entenden Coia como unha unidade territorial correspondida cos límites desa antiga freguesía e a maioría da poboación urbana tanto de Vigo como da propia Coia enténdena como un barrio urbano, de extensión maior que a actual microparroquia a que quedou reducida Coia, pero desde logo moito máis reducida que a Coia histórica: para a maioría desa poboación urbana Balaídos non será xa Coia, nin incluso boa parte da zona da Florida e moito menos a zona oriental da rúa Coruña pola rúa Torrecedeira ata Peniche; para un deses nativos iso segue a ser Coia (como foi de feito durante séculos).

COIA PLANO Seguir lendo

O PAU tamén está en Comesaña!

O coñecido na actualidade (xa mesmo por xente vella) como o PAU de Navia, tamén ten algún dos seus edificios en territorio da parroquia de Comesaña. A toponimia que nos amosa é do máis variada, atopando nesta zona dende topónimos máis modernos (O Apeadeiro da Bouza, As Cadeas..) ata outros máis antigos con presenza xa no Catastro do Marqués de la Ensenada do 1753 caso das Lamelas, Pozo Cabalo, O Rabisacal… Seguir lendo