Percorrido pola toponimia de Sárdoma

O sábado, 17 de setembro, terá lugar un percorrido guiado pola parroquia de Sárdoma para coñecer a toponimia da zona.

Este percorrido está organizado polo Servizo d eNormalización Lingüística do Concello de Vigo e conta coa colaboración da Asociación Veciñal  O Carballo.

cartel do percorrido pola toponimia de Sárdoma

cartel do percorrido pola toponimia de Sárdoma

O punto de saída será a alameda de Sárdoma (ao carón da igrexa de san Pedro de Sárdoma)
O percorrido comerará ás 17:00h e terá unha diración arpoximada de dúas horas.

A difucultade da camiñada é baixa. Transitarase por estradas e sendeiros.

Trátase dun percorrido circular, polo que se volverá ao punto de partida.

En caso de chuvia, adiarase ata nova data.

Recoméndase levar zapatos e roupa cómoda.

“Lavadores nasceu no Caside”

Di a tradición que Lavadores naceu no barrio do ➞Caride. O Caride sempre foi unha área moi periférica de Lavadores, engruñada entre as parroquias históricas de Teis e Santiago de Vigo, pero aí din que naceu. Esta vox populi podería non pasar dunha curiosa hastiogonía se non for porque hai veraces noticias antigas que refiren que a igrexa parroquial de Lavadores foi trasladada á súa actual localización séculos atrás desde outro lugar máis afastado, onde estaba asentada á beira dunha fonte chamada de Lavadores, da que seica tomou o nome. Despois, a sé parroquial levouse ao seu actual lugar na Bagunda xunto co seu nome, tomado da fonte mencionada. E, para máis abondamento, ata principios do século xx coñecíase como Lavadores gran parte do barrio do Caride, xusto onde a tradición popular sitúa a orixe da parroquia, o cal non é unha simple coincidencia. Sigue lendo

A Marinasia: a nosa historia no topónimo

Unhas das cousas das que sempre se fala cando se toca o tema da toponimia é a importancia que os topónimos teñen como posuidores da historia do seu pobo. Este topónimo que presentamos hoxe aquí é claro informador do que ocorreu na historia de Vigo. É a memoria do pobo.

Pero non menos importante é ver, neste mesmo topónimo como a fala ao longo dos anos vai mudando os termos, neste caso un nome propio. Hoxe vemos o caso do topónimo Marinasia.

Localización do camiño de Marinasia Google maps

Localización do Camiño de Marinasia
Google maps

Sigue lendo

O Resío

É un barrio (aldea) que se corresponde máis ou menos coa actualmente chamada rúa do Resío (na placa rúa do Rocío). Recentemente independizouse eclesiasticamente de Coia e aos curas non se lles ocorreu outra cousa que chamarlle oficialmente parroquia de Nuestra Señora del Rocío, como se o secular nome do Resío fose unha mala pronuncia dese nome de Virxe.

Desde hai xa máis de cen anos o nome deste barrio aparece sempre escrito como Rocío, sen dúbida por unha mala interpretación que fixo pensar que Resío é unha bárbara deformación popular de Rocío. Non hai nada diso, os paisanos din ben. Aínda hoxe case todos os nativos foron refractarios ao oficial Rocío e seguen a pronunciar O Resío.

Sigue lendo