A GRISVELLA

 A igrexa parroquial tal e onde hoxe a coñecemos non foi construída ata 1726. Ata ese momento a Igrexa estaba situada no lugar onde hoxe se sitúa a casa reitoral. O antigo cemiterio estaba na parte posterior, na finca delimitada por un valado onde decotío podemos, agora, ver algún cabalo pacendo. E o adro estaba na zona onde agora  podemos ver unha plantación de cerdeiras, proba disto é que o nome desta finca é TALLO DO ADRO, e a fonte que está catalogada como “do Xestal” foi nalgún tempo a fonte da GRISVELLA e os campos que están pola parte de arriba recibían o nome de COCHO DA FONTE DA IGREX VELLA.

A construción da nova igrexa fíxose nuns terreos que pertencían ó lugar do denominados DEVESA DO TORRÓN e o noso torreiro sitúase no que era un enorme terreo baldío cunha considerable pendente que pouco a pouco se foi enchendo e que era aproveitado polos madeireiros que viñan de Portugal para cortar madeira coas súas serras de aire, e despois ir estibándoa. Seguir lendo